Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chipperfield fala na TVG da súa relación con Galicia tras recibir o "nobel" de arquitectura

Chipperfield fala na TVG da súa relación con Galicia tras recibir o "nobel" de arquitectura

O arquitecto londinense, un namorado de Corrubedo, onde ten a súa casa familiar desde hai tres décadas

G24.gal 08/03/2023 22:37

Na entrevista concedida esta tarde á TVG, David Chipperfield asegurou sentirse feliz por este premio, que está considerado como o nobel da arquitectura. Unha felicidade que quixo facer extensiva.

Chipperfield falou tamén de que tiña en mente varios proxectos en Galicia.

O premio que acaba de recibir é un recoñecemento a toda a súa traxectoria profesional, que abrangue máis de cen proxectos en todo o mundo, entre os que destacan o Novo Museo de Berlín ou as Procuradurías de Venecia.

Pero lonxe das grandes cidades e dos grandes proxectos, o arquitecto londiniense mantén unha relación moi especial con Galicia desde hai tres décadas e sobre todo coa pequena parroquia de Corrubedo, en Ribeira. Chipperfield ten claros os motivos que o trouxeron aquí.  

Ademais do premio máis importante da arquitectura, nas últimas horas o rei Filipe VI concedeulle a Encomenda da Orde de Isabel a Católica, outro recoñecemento a toda unha carreira a prol dunha arquitectura que busca un mundo máis xusto e sostible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade