Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un choque de trens en Cataluña deixa un falecido e 85 persoas feridas

Un choque de trens en Cataluña deixa un falecido e 85 persoas feridas

A persoa falecida é o maquinista dun dos trens

Continúa interrompido o servizo ferroviario desde onte á tarde

O servizo ferroviario da Generalitat ofrece un servizo alternativo por estrada

G24.gal 16/05/2022 21:23 Última actualización 17/05/2022 08:42

Unha persoa faleceu e 85 quedaron feridas de distinta consideración por un choque de trens en Sant Boi de Llobregat, en Barcelona. 

O suceso ocorreu as seis da tarde cando un tren de mercadorías descarrilou, á entrada da estación de Sant Boi, e impactou contra a cabina dun tren de pasaxeiros que, nese momento, saía da estación.

A consecuencia do impacto faleceu o maquinista do tren de viaxeiros. Estanse investigando as causas do descarrilamento.

O servizo ferroviario continúa interrompido desde onte á tarde na liña Llobregat-Anoia entre as estacións de Sant Boi eMolí Nou (Barcelona), da Ferrocarrils da Generalitat de Catalunya, polo que está ofrecendo un servizo alternativo por estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade