Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chus Lago: "Cando fun ao Polo Sur pensei que chegara máis lonxe ca o que buscaba”

Chus Lago: "Cando fun ao Polo Sur pensei que chegara máis lonxe ca o que buscaba”

A atleta galega reside nos EUA e fálanos da súa vida e a súa maternidade

G24.gal 10/03/2022 15:47

Na semana do 8-M, na Zona mixta quixeron saber como é a nova vida dunha das grandes figuras do deporte galego, a montañeira e exploradora viguesa Chus Lago.

O retiro dunha atleta de elite

Actualmente vive en Texas e desde hai quince meses é na. Lago, que tivo un fillo con 55 anos, explica que foi atrasando a maternidade por mor do seu deporte:

“Eu imaxinábame nas montañas e se sería capaz de deixar un fillo na casa e non, non podería. A montaña non é como outras disciplinas, que adestras un par de horas ou fas viaxes curtas, que xa ten moito mérito. Cando vas por aí posiblemente non poidas falar por teléfono durante dous meses e iso é moi duro. Agora estou nunha nova aventura”.

"Aquí fago deporte coma antes, iso si, nadar non, que hai crocodilos e alucino cando a xente se mete na auga e diche que non cre que haxa 'alligators' por alí" 

“Toda a vida quixen ter fillos, pero sempre había unha expedición polo medio”

Recuperar cousas que perdera polo deporte

Cóntanos que agora reside nos EUA, afastada do deporte de alto nivel e escribindo artigos e libros.

Falounos de que as expedicións tiveron moitas cousas boas, pero tamén levan unha carga negativa que trata agora de inverter

“Cando cheguei ao Polo Sur pensei que chegara máis lonxe ca o que estaba buscando”

“Deixei de facer moitas cousas por facer expedicións”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade