Cargando resultados...
Falece un sendeirista no monte Pindo tras caer nunha zona de difícil acceso
Falece un sendeirista no monte Pindo tras caer nunha zona de difícil acceso
O home sufriu unha indisposición
O helicóptero do 061 no concello de Carnota
G24.gal
29/01/2022 16:10
Última actualización 20:30
Un home de 60 anos, veciño de Santiago, faleceu este mediodía cando facía sendeirismo na zona da Moa, no Monte Pindo (Carnota).
Atopouse indisposto e quixo sentar nunha pedra para repousar, pero caeu ao chan e quedou inconsciente.
Segundo informa o 112 Galicia, até o lugar desprazouse un helicóptero con equipo médico e outro do servizo de Gardacostas de Galicia.
Ocorreu ao fío do mediodía. A vítima quedou nunha zona de difícil acceso, polo que foi necesaria a intervención do Pesca 1 para rescatar o corpo.