Publicador de contidos
Publicador de contidos

Científicos de todo o mundo analizan en Ourense os efectos do cambio climático na atmosfera

Científicos de todo o mundo analizan en Ourense os efectos do cambio climático na atmosfera

O encontro internacional Trends, que se celebra cada dous anos, chega por primeira vez a España

Participan 77 especialistas de 21 países

Están presentes institucións tan representativas como a NASA ou o MIT (Massachusetts Institute of Technology)

G24.gal 09/05/2024 19:41 Última actualización 09/05/2024 19:49

Se aquí na terra o quecemento global é o efecto máis preocupante dos gases invernadoiro, quince quilómetros máis arriba o que provoca o dióxido de carbono é un progresivo arrefriamento que está contraendo as capas altas da atmosfera, o que ten un impacto directo sobre todo o que alí habita.

Juan Antonio Añel Cabanelas, profesor de Física da Terra e coordinador das xornadas: "Por exemplo, o tempo de pervivencia do lixo espacial, que tarda moito máis en queimarse ao entrar na atmosfera, e iso aumenta a posibilidade de colisión entre satélites. Tamén ten un impacto sobre as comunicacións vía satélite ou a altura de entrada dos meteoritos na terra, que é algo que aínda discutimos hoxe: debido á contracción atmosférica, os meteoritos que chegan á terra estanse queimando moi preto da superficie".

A actividade solar tamén se está comportando, explican, de xeito estraño o que complica facer estatísticas e modelos.

Ana Elías, investigadora da Universidade de Tucumán: "Que nestes últimos dous ciclos, desde 2002, estase comportando de xeito extraño. Nós pensabamos que, con máis datos, a estatística ía funcionar mellor e agora resulta que o sol nos está xogando un truco".

Observacións preocupantes e con poucas expectativas de corrección.

Juan Antonio Añel Cabanelas, profesor de Física da Terra e coordinador das xornadas: "O principal problema son as emisións de dióxido de carbono. Os científicos suxerimos solucións, pero esas solucións case sempre teñen un carácter político".

Pegada de carbono

Para predicaren co exemplo, neste encontro consumen menús veganos, empregan material reciclado e plantaron castiñeiros para contrarrestar as emisións dos medios de transporte cos que chegaron ata aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade