Científicos lembran que é a investigación a que resolve crises como a da pandemia
Científicos lembran que é a investigación a que resolve crises como a da pandemia
Centros de excelencia en investigación científica celebran un encontro en Santiago
O cambio climático vai traer problemas máis perigosos ca o coronavirus
A pandemia está a demostrar que a ciencia é a que resolve as graves crises da humanidade.
Os científicos queren aproveitar este momento para concienciar a sociedade da importancia vital do seu traballo, para que sexa a poboación a que reclame medios e investimentos en investigación.
Representantes dos centros españois de excelencia na investigación científica celebran en Santiago un encontro para discutir a necesidade dunha rede internacional de coñecemento, con infraestruturas globais. Din que só aí se poderán controlar pandemias presentes ou futuras e buscar solucións os problemas derivados do cambio climático.
Carlos Salgado, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e organizador do encontro 100xCiencia.5: "A pandemia é algo que nos afectou persoalmente como nunca nos afectou nada na nosa contorna nas últimas décadas. E o cambio climático parece algo que está aí, que non nos vai afectar tanto. Pero non é así, pode afectarnos incluso máis, pode ser máis perigoso e modificar moito máis as sociedades en que vivimos e tamén os países que teñen menos recursos para afrontar estes retos".