Publicador de contidos
Publicador de contidos

CIG-Ensino esixe a redución inmediata da carga lectiva dos profesores

CIG-Ensino esixe a redución inmediata da carga lectiva dos profesores

O sindicato advírtelle á Consellería de Educación que haberá mobilizacións se non se aborda esta demanda

A redución das ratios e da carga burocrática son as outras reclamacións do colectivo docente

G24.gal 07/09/2023 14:38

A catro días do inicio do curso escolar, CIG Ensino denuncia que o profesorado galego é o que ten a maior carga lectiva de España. Por iso lle esixe á Consellería que negocie este mesmo mes a redución de horario dos docentes e o ratio de alumnos por clase.

O sindicato di que convocará unha folga no ensino se non houbese acordo. "A recuperación dos horarios é un elemento central, seguramente o principal, da negociación para este curso escolar. Xa dixemos que se non hai resposta, o sindicato e profesorado tomaría as medidas oportunas e non cabería máis opción que a mobilización", advirte Suso Bermello, responsable de CIG-Ensino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade