Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco coches espétanse contra o muro dunha casa de Vedra en dous meses

Cinco coches espétanse contra o muro dunha casa de Vedra en dous meses

Os dous últimos accidentes aconteceron nun espazo de 45 minutos

Os veciños piden a instalación de bandas rugosas para evitar os excesos de velocidade

Curva situada na CP-9801 no concello de Vedra en que saen os vehículos
Marta González Salve 12/11/2021 14:11

A ampliación da estrada comarcal CP-9801 no lugar de San Miguel de Saradón, no concello de  Vedra, lonxe de ser una mellora está a causar graves prexuízos aos veciños. Unha casa situada á saída dunha curva recibiu en menos de dous meses o impacto de 5 coches.

Os dous últimos accidentes sucederon o pasado día 24 de outubro con apenas 45 minutos de diferenza e 8 deixou coches afectados entre eles os dos propietarios da vivenda, e os clientes dunha cafetería que ten no baixo. 

A velocidade excesiva neste tramo limitado a 50 e o esvaradío da calzada cando chove semellan estar detrás deste cúmulo de accidentes. Os veciños demandan solucións que pasan pola instalación de bandas rugosas para que os vehículos aminoren a velocidade.

Piden ademais que se sinalice a curva como perigosa e se coloquen e se fagan máis visibles os sinais de limitación de velocidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar