Penélope Cruz, Javier Bardem e Alberto Iglesias son os candidatos españois aos Óscar
Penélope Cruz, Javier Bardem e Alberto Iglesias son os candidatos españois aos Óscar
Compiten nas categorías de Mellor Banda Sonora Orixinal, Mellor Actriz e Mellor Actor
A 94 edición dos Óscar chega con destacadas candidaturas españolas. Así o fixeron público os actores Leslie Jordan e Tracee Ellis Ross ao dar a coñecer a listaxe de candidatos.
Esta é a cuarta vez que o compositor donostiarra Alberto Iglesias opta a un Óscar, agora pola banda sonora de 'Madres paralelas'.
O filme de Pedro Almodóvar podería acadar outro importante galardón, o de mellor actriz protagonista para Penélope Cruz.
Como candidato a mellor actor protagonista, Javier Bardem, polo seu traballo no filme 'Being the Ricardos', do director Aaron Sorkin.
Alberto Mielgo e Leo Sánchez tamén competirán polo premio na categoría de mellor curtametraxe de animación. Os galardóns entregaranse nunha cerimonia presencial o vindeiro 27 de marzo.