Circula en sentido contrario pola autovía do Barbanza e triplica a taxa de alcol
Circula en sentido contrario pola autovía do Barbanza e triplica a taxa de alcol
A Garda Civil interceptou o vehículo á altura do quilómetro 23, en dirección a Padrón
O condutor deu positivo con 0,79 mg/l nos dous test que lle fixeron tras ser interceptado
A Garda Civil interceptou un coche que circulaba en sentido contrario pola autovía do Barbanza (AG-11) e o condutor deu positivo en alcol. Foi na tarde do venres, sobre as 20:00 horas, á altura do quilómetro 23, en dirección a Padrón.
O condutor tomou a saída do quilómetro 8 (área de servizo) e incorporouse novamente á autovía en sentido correcto, dirección Ribeira. Finalmente, foi localizado na saída do quilómetro 17, no termo municipal de Rianxo, onde se atopaba a patrulla de tráfico do destacamento de Santiago.
Trátase dun home de 38 anos que deu positivo nas probas de alcol con 0,79 mg/l nos dous test que se lle realizaron. O equipo investígao por un delito de condución temeraria e por circular superando as taxas máximas establecidas.