Cargando resultados...
Citan a Colau como investigada nun presunto caso de concesión irregulares de axudas
Citan a Colau como investigada nun presunto caso de concesión irregulares de axudas
A alcaldesa de Barcelona declarará nos xulgados o 4 de marzo
G24.gal
19/01/2022 13:57
A alcaldesa de Barcelona acaba de ser imputada por presuntas irregularidades na adxudicación de subvencións. Ada Colau terá que declarar ante o xuíz o próximo 4 de marzo.
Denunciouna unha asociación por, supostamente, conceder axudas municipais a organizacións afíns ao seu partido, Barcelona en Común.
A Fiscalía xa investigara estas mesmas axudas e decidiu arquivar o caso hai seis meses. Segundo apuntou rexedora, "xa levamos once querelas arquivadas e, polo tanto, esperamos que tamén sexa o resultado desta nova investigación que se nos comunicou hoxe".
Ciudadanos e o PP no Concello piden o seu cesamento en aplicación do código ético do seu partido, pero ela descártao.