Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas defenden que as confrarías teñan un papel destacado na reforma da Política Pesqueira Común

Os socialistas defenden que as confrarías teñan un papel destacado na reforma da Política Pesqueira Común

Levarán esa reivindicación a Bruxelas para que se recoñeza o papel desempeñado polas confrarías na xestión do marisqueo, a acuicultura e a pesca artesanal

G24.gal 10/08/2024 14:24

O PSdeG defenderá no Parlamento europeo que as confrarías teñan un papel relevante na reforma da Política Pesqueira Común da Unión Europea. O eurodeputado socialista Nicolás González Casares asegurou que levará esa reivindicación a Bruxelas para que se recoñeza o papel desempeñado polas confrarías na xestión do marisqueo, a acuicultura e a pesca artesanal. 

"Se de verdade queremos unha reforma da Política Pesqueira Común que teña en conta o social e o económico, hai que contar coas confrarías. En Galicia representan boa parte do tecido social e as comunidades pesqueiras saben que as confrarías representan de verdade o sector. Polo tanto imos loitar porque estean consideradas nesta reforma da Política Pesqueira Común", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade