Publicador de contidos
Publicador de contidos

Clamor dos veciños de Ponte Alvar ante as deficiencias en telecomunicación que sofren

Clamor dos veciños de Ponte Alvar ante as deficiencias en telecomunicación que sofren

Á mala cobertura de móbil engádense desde hai semanas corte na telefonía fixa e no servizo de Internet

Veciños de Ponte Alvar, en Santiago, este mércores para queixarse das deficiencias no servizo de telecomunicación que sofren
G24.gal 25/01/2023 13:52

En Santiago, os veciños da Ponte Alvar teñen a súa vida condicionada por un servizo telefónico de móbil deficiente ao que nos últimos tempos se engadiron problemas na fixa e na conexión á Internet.

Persoas maiores soas, estudantes e traballadores desde a casa son quen máis sofren uns prexuízos ante os que Telefónica, segundo contan, non responde.

Nin teléfono fixo, nin fibra para o servizo de datos, nin cobertura de telefonía móbil. Así resumen os veciños de Ponte Alvar, no concello de Santiago, o problema que teñen para a telecomunicación, e todo o que iso supón para a vida cotiá desde hai máis de dous meses.

A así segue hoxe en día para seis familias. Non teñen a conexión, con todo o que implica no desenvolvemento de estudo e de traballo dixital, e non só.

Aurora Otero, veciña que vive soa, di que a situación lle produce ansiedade polo temor a que lle pase algo de noite e non poida pedira axuda por non dispoñer de servizo de teléfono fixo.

Emilio Rial, veciño deste lugar compostelán, relata as protestas que teñen formula pedindo a reparación do servizo polos prexuízos que lles ocasiona e ás que ninguén atendeu ata o momento.

A fibra óptica permanece cortada desde que estiveron os últimos técnicos en Ponte Alvar e, como adoita pasar, as reclamacións a Telefónica sobre este servizo financiado con diñeiro público acumúlanse e os días pasan sen solución:

"Desde o día 9 de xaneiro que levo chamando case todos os días non nos chegan a dar ningunha resposta (desde o servizo de Movistar) e limítanse a dicir que o único que poden facer é reiterar as incidencias", di María Miramontes, outra prexudicada.

David Rial, outro veciño de Ponte Alvar, conta que cando lle mandaban unha mensaxe os técnicos de que ían ir a maior parte das veces non se presentou ninguén, mentres el perdía o tempo agardando nun lugar en que tampouco podía conectarse á interne no móbil por falta de cobertura.

Mentres tanto, a deficiencia no servizo de telecomunicación segue a alterar a rutina cotiá neste lugar preto de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade