Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colas para conseguir piso para o curso que vén en Santiago

Colas para conseguir piso para o curso que vén en Santiago

As inmobiliarias ensinan por orde de chegada a oferta dispoñible para setembro

Cada vez é máis difícil conseguir un piso asequible e en condicións na cidade universitaria

 

G24.gal 04/07/2023 14:40

Ao rematar o curso comeza outra singular peregrinación en Compostela, a dos estudantes facendo cola nas inmobiliarias para ser os primeiros en visitar os pisos dispoñibles para setembro.

"Rematan os contratos a final de xuño e a principios de xullo todo o mundo busca piso", explican na inmobiliaria Julio Gerpe de Santiago.

"Vai por orde de chegada, anótaste nunha lista e ensínanos"

"Non hai pisos, a xente queda co do ano pasado, pero hai que tentalo"

"Están moi caros, subiron os prezos", comentan os estudantes da cola.

Din que a cousa está difícil porque a demanda é alta e a oferta cada vez máis escasa. 

"Algúns propietarios non se fían e non alugan a estudantes"

"Moitos pisos están en malas condicións, cheos de humidades, pero é o que hai"

"Nos pagabamos 300 euros por cuarto, e non era nada bo", din os universitarios.

Aseguran que conseguir unha vivenda digna e accesible se está a converter nunha odisea, para os estudantes e tamén para os que logran os seus primeiros traballos. 

"Estamos no limbo, non somos estudantes porque precisamos o piso todo o ano, pero nos outros pídennos a nómina"

"O alugueiro turístico está á alza e ten as mellores condicións, os de fóra levan os mellores pisos e os que traballamos e vivimos en Santiago os peores", lamentan dúas mozas na ringleira.

Os que logran cazar o tesouro non adoitan soltalo ata que remata a carreira. Se se baleiran cuartos, moitos anúncianos nas redes sociais, outro método de busca cada vez máis popular entre o estudantado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade