Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colexios da Coruña abrirán os patios en horarios non lectivos para fomentar hábitos saudables

Colexios da Coruña abrirán os patios en horarios non lectivos para fomentar hábitos saudables

A Coruña será o primeiro concello galego se sume ao proxecto de Patios Abertos en Plan Ben, un programa do Ministerio de Sanidade e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil

G24.gal 14/07/2023 16:11

O Concello da Coruña será o primeiro de Galicia que se sume ao proxecto de Patios Abertos en Plan Ben, un programa do Ministerio de Sanidade e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil. Busca fomentar os hábitos saudables nos colexios, abrindo incluso os patios fóra do horario escolar para que os nenos xoguen e fagan deporte.

A iniciativa enmárcase no plan estratéxico nacional para a redución da obesidade infantil e busca fomentar os estilos de vida saudables na infancia, aumentar a oferta de lecer activo educativo en horarios e períodos non lectivos, que é cando máis se incrementa a desigualdade, reducir as desigualdades en saúde e benestar e xerar espazos que promovan a sociabilidade e a cohesión social.

Para cumprir estes obxectivos abriranse os patios dos centros públicos de educación primaria para que os nenos realicen actividades de lecer activo dinamizadas por persoal cualificado e de forma gratuíta.  

Ademais, ofreceranse formacións tanto a familias como á comunidade educativa destinada a fomentar estilos de vida saudable.

"Levamos moito tempo traballando. A maioría das instalacións deportivas pertencen aos concellos. E levan facendo políticas de hábitos de vida saudables que están a ser exemplo en toda España", resaltou, o ministro de Sanidade, José Miñones, na presentación da iniciativa antes de referirse, en concreto, a Ames, onde foi alcalde.

"Acollemos con toda a boa predisposición esta iniciativa tan importante", resaltou. Neste sentido, avogou por que os mozos de hoxe en día "deixen un pouquiño" os móbiles e as tabletas e volvan practicar "deporte" e "correr nas rúas".  

Miñones apelou á "necesidade de volver ás orixes" e acudir "xogar ao patio do colexio". Por iso esta campaña quere "volver dotar estes espazos deportivos, estas áreas de encontro que son os centros escolares, para poder ir facendo accións moi concretas cun equipo profesional para ir reducindo a obesidade infantil".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade