Cargando resultados...
Combate mural en Lugo para darlle voz á arte urbana
Combate mural en Lugo para darlle voz á arte urbana
Durante todo o sábado dez artistas estiveron pintando na rúa
G24.gal
10/12/2022 21:21
Última actualización 10/12/2022 21:39
Celebrouse en Lugo a terceira edición do Combate Mural CultUrban, un certame no que participaron dez artistas.
Durante todo o sábado, estiveron pintando ao aire libre e de cara ao público, na rúa Quiroga Ballesteros.
O certame estivo promovido pola Concellería de Cultura e, de novo, con esta convocatoria a cidade de Lugo dálle voz á arte urbana e ao muralismo. Entregáronse tres premios de 1.200, 800 e 600 euros.