Dez recoñecidos muralistas urbanos pintan na praza de Armas de Ferrol
Dez recoñecidos muralistas urbanos pintan na praza de Armas de Ferrol
Compiten nun dos eventos da Liga Nacional de Graffiti
Dez dos mellores muralistas urbanos do país compiten en Ferrol nun dos eventos da Liga Nacional de Graffiti, unha aposta pola arte urbana. Moito máis que pintura nunha parede.
"Síntome cómoda co spray. É unha técnica rápida e resolutiva e o resultado en xeral paréceme moi interesante. Síntome cómoda porque traballamos na rúa, ao aire libre", explica a granadina María Die.
Ferrol é unha das paradas da Liga Nacional de Graffiti. Os murais urbanos, integrados xa nos circuítos artísticos, tecen conexións entre propios artistas e entre os creadores e o público, cada vez máis interxeracional.
O domingo coñecerase o mural gañador deste certame, unha oportunidade de asistir de peto a todo o proceso artístico, desde o bosquexo inicial ata a obra concluída.