Cargando resultados...
O muralismo sae do urbano: explotacións gandeiras exhiben murais nas súas paredes
O muralismo sae do urbano: explotacións gandeiras exhiben murais nas súas paredes
Rubén Paz e Diego As foron os artistas escollidos para decorar os silos e as cortes con murais nos que o motivo escollido adoita ser unha ou varias vacas
G24.gal
20/10/2024 14:44
Coa incorporación da xente nova ás granxas, tamén chegan ás explotacións as ideas novas que traen os gandeiros e gandeiras, ideas coma a de decorar as cortes ou os silos con graffitis e murais que lle dan outra vida ao campo.
Rubén Paz e Diego As foron os artistas escollidos polas gandeiras e gandeiros que visitamos en Paradela, Castro de Rei e A Pastoriza, que optaron por decorar os silos e as cortes con murais nos que o motivo escollido adoita ser unha ou varias vacas.