Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a campaña do ourizo con boas perspectivas

Comeza a campaña do ourizo con boas perspectivas

Os primeiros prezos oscilan entre os 12 e os 14 euros o quilo

G24.gal 05/10/2022 20:10 Última actualización 05/10/2022 21:05

O ourizo é unha especie en alza nos portos galegos. A campaña acaba de comezar con moi boas expectativas.

Tope de capturas e bos prezos. O arranque da campaña do ourizo comeza con bo pé e segundo as perspectivas. 

Conforme os datos da confraría, a última campaña pechouse a primavera pasada cun volume de capturas de 34 toneladas e 416.000 euros de facturación.

Por detrás do polbo, o ourizo é o segundo recurso en importancia económica no peirao de Bueu, grazas tamén a un plan de explotación que persegue a preservación da especie. 

As oito embarcacións que capturan ourizo dentro do plan conxunto Bueu-Portonovo, na ría de Pontevedra, traballan, de momento, tres días á semana.

Se a cotización aumenta no mes de decembro, como é previsible, engadirían un día máis de labor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade