Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a descender a carga viral en augas residuais da Coruña

Comeza a descender a carga viral en augas residuais da Coruña

Os investigadores de CovidBens din que a baixada afecta a case todos concellos

G24.gal 10/02/2022 13:55

Os investigadores que traballan no proxecto CovidBens estaban agardando esta nova dende hai tempo; aínda así, apelan á prudencia e non baixan a garda.

Esta última actualización no sistema de alerta que analiza as augas residuais na área da Coruña reflicte un claro descenso na carga viral de case todos os concellos.

Esta baixada é moi clara, tal e como reflicten as gráficas na Coruña, Cambre e Culleredo. Cunha incidencia menor en Oleiros, mentres que Arteixo é o único concello en que aínda se mantén esa tendencia crecente.

Segundo a directora do proxecto CovidBens, nun par de semanas a sexta vaga quedaría xa esquecida. 

Continúa predominando a ómicrom en toda área metropolitana, e polo momento non hai moito contaxio da subvariante que ten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar