Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a funcionar a autoestrada do mar entre Vigo e Liverpool

Comeza a funcionar a autoestrada do mar entre Vigo e Liverpool

Este venres realizou a súa primeira viaxe de proba

Supón unha ruta directa entre dúas factorías do grupo Stellatis en Vigo e Ellesmere Porto

Prevén unha facturación anual de 150 millóns de euros

G24.gal 13/10/2023 14:11

O 86 % dos compoñentes que necesita a fábrica de Stellantis, antiga Citroën, no Reino Unido para fabricar a versión eléctrica da furgoneta K9 sairán do porto de Vigo. Este venres realizouse a primeira viaxe de proba da nova autoestrada do mar entre Galicia e Liverpool. 

Trátase dunha ruta directa por mar, con dous barcos e dúas escalas semanais, dende Vigo a Ellesmere Port, moi preto das fábricas de automoción do grupo Stellantis.

Prevese unha facturación duns 150 millóns de euros anuais con este movemento. Agárdase que en poucas semanas comece a funcionar de xeito normalizado esta ruta marítima que supón un fito para o sector e unha redución do 30 % nas emisións de CO2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade