Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a Moexmu, unha das maiores exposicións agrícolas do país

Comeza a Moexmu, unha das maiores exposicións agrícolas do país

A mostra de Muimenta acolle as últimas novidades de maquinaria e o mellor gando vacún

Félix Aragunde 31/03/2023 14:10

Comerciais e gandeiros xúntanse estes días na Mostra Exposición de Muimenta, onde se dan a coñecer as últimas novidades en canto a maquinaria e tecnoloxía no sector.

É o caso dun robot de muxidura que mide o nivel de proxesterona no leite, de forma que se poida saber con maior exactitude cando se debe inseminar o animal.

"Este é o último modelo que saíu da fábrica, e incorpora novidade coma un laboratorio de proxesterona que analiza o leite por cuartos, tanto produción, fluxo, condutividade ou sangue", conta Miguel Ángel Gómez, distribuidor de maquinaria agrícola.

"Hai aí un tractor que é enorme. Toda a maquinaria que necesita o agricultor", di Daniel Pollán, organizador da Moexmu.

O gando ocupa un importante lugar nesta mostra, que conta co concurso de vacas frisoas máis importante da provincia de Lugo. Nel participan exemplares en todas as modalidades, con novos talentos no seu manexo. 

"Hai que intentar manexalas ben, ter todo o control e tapar os defectos da becerra", explica Claudia López.

"Vimos dende Santa Comba, na Coruña, e participamos cunhas xovencas e unha vaca en morfoloxía, comparándose coas mellores de Galicia, que están aquí tamén. E esperamos obter o mellor resultado posible", relata Iván García.

Ademais de gando frisón, na Moexmu tamén se exporán os mellores exemplares de rubia galega. Poderanse ollar ao longo dos tres días da mostra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade