Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza en Ourense o xuízo polo crime da moza Nerea Añel en 2020

Comeza en Ourense o xuízo polo crime da moza Nerea Añel en 2020

A Fiscalía de Ourense e a acusación particular piden 14 anos de prisión para o único acusado, que foi parella da vítima, por un suposto delito de homicidio

O tráxico suceso tivo lugar o 15 de xaneiro de 2020, cando a moza acudiu a un motel de Barbadás na compaña do que era entón o seu compañeiro sentimental

Logo dun presunto furto e durante a fuxida, a moza sufriu unha caída que lle produciu un grave traumatismo craniovertebral, tras o cal morreu, pero o home non solicitou axuda e abandonou o corpo

G24.gal 19/02/2024 08:46

A Audiencia Provincial de Ourense acolle desde hoxe e ata o vindeiro 23 de febreiro o xuízo con xurado popular pola morte violenta da moza Nerea Añel, que faleceu no ano 2020 cando tiña 26 anos.

Por estes feitos, a Fiscalía de Ourense e a acusación particular piden 14 anos de prisión para o único acusado, que foi parella da vítima, como presunto autor dun suposto delito de homicidio.

O tráxico suceso tivo lugar o 15 de xaneiro de 2020, cando a moza se trasladou a un motel, situado no termo municipal de Barbadás, na compaña do que era entón o seu compañeiro sentimental.

Logo dun presunto furto, e durante a fuxida, a moza sufriu unha caída que lle produciu un grave traumatismo craniovertebral, tras o cal morreu, pero o home non solicitou axuda e abandonou o corpo

A Fiscalía considera probado que sobre as 20:40 horas e tras requirir os servizos dun taxista, ambos os dous decidiron finalmente abandonar a pé o motel, despois de que o condutor fose alertado polas empregadas do establecemento de que cometeran previamente un furto a outro taxista, esa mesma tarde. Durante a fuxida, a moza sufriu unha caída que lle produciu un grave traumatismo craniovertebral, tras o cal morreu.

O home, lonxe de solicitar axuda, decidiu fuxir para non verse implicado e co fin de desvincularse plenamente dos feitos.

"A tal fin, cargando o corpo, abandona o sendeiro principal, baixando unha pronunciada pendente ata o leito do río onde finalmente a deposita", recolle o escrito facilitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ademais, a Fiscalía afirma que o acusado, ao día seguinte e en estado de nerviosismo, volveu ao motel e esixiu á empregada do establecemento que lle abrise para entrar no cuarto, e, perante a negativa desta, foise e regresou sobre as 17:10 horas, outra vez só, para reclamar o importe do cuarto ao non poder gozar del.

Por estes feitos, o Ministerio Público solicita catorce anos de prisión por un delito de homicidio por omisión e mais unha indemnización de 100.000 euros a cada un dos pais da vítima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade