Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o curso nas tres universidades públicas galegas, o primeiro con matriculacións gratuítas

Comeza o curso nas tres universidades públicas galegas, o primeiro con matriculacións gratuítas

Galicia é a primeira comunidade en garantir o acceso gratuíto aos estudos universitarios

G24.gal 09/09/2024 14:41 Última actualización 09/09/2024 15:05

Este luns comeza o curso nas tres universidades galegas, e fíxoo con novidades. Por primeira vez, a matriculación é gratuíta no ensino superior, é dicir, nas universidades e tamén nas escolas superiores de ensinanzas artísticas.

A gratuidade esténdese ás escolas superiores de ensino artístico. E aos universitarios que aproben ente o 65 e o 90 % dos créditos marcados, segundo os seus estudos. Galicia é a primeira comunidade onde todas as etapas educativas son gratuítas.

A Xunta aproba un incremento do financiamento das universidades para o I+D+i

As universidades e os seus centros tecnolóxicos son os principais actores de I+D en Galicia. O plan galego de financiamento universitario xa destina unha partida específica á investigación, que agora se incrementa nun 33 %, ata os 4,6 millóns para proxectos relacionados con esta materia.

"Van dirixidas ás tres universidades galegas para proxectos de I+D, proxectos que están obtendo moito cofinanciamento de fondos europeos e necesitan achegas de financiamento dende aquí, por iso este aumento de case 5 millóns de euros", explicou o presidente da Xunta.

Tamén en materia de educación, o Consello da Xunta fixo seguimento do Plan de nova arquitectura pedagóxica, un proxecto ambicioso para modernizar os centros educativos. 

"O investimento foi de 277 millóns de euros neste período 21-24, e foron máis de 2.700 as actuacións de mellora de diferentes calado nos centros educativos de Galicia", explicou Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade