Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o ciclo do Entroido en Xinzo de Limia co domingo fareleiro

Comeza o ciclo do Entroido en Xinzo de Limia co domingo fareleiro

As celebracións rematan o 26 de febreiro, domingo de piñata

Combate con fariña no centro da vila
G24.gal 29/01/2023 20:49 Última actualización 29/01/2023 21:00

Coa celebración do domingo fareleiro comeza o ciclo do Entroido de Xinzo, un dos máis longos da provincia de Ourense e de Galicia. Prolongarase ata o 26 de febreiro.

Todos contra todos, veciños e visitantes. Tras o petardazo do sábado á noite, o combate con fariña polas rúas da vila dá paso a todo un mes de celebracións. Despois de dous anos con restricións, había ganas de divertirse.

O vindeiro domingo é o oleiro. Aínda queda moita festa por diante, con música e outras actividades ata chegar ao domingo de piñata, a última fin de semana de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar