Cargando resultados...
Comeza o Festival Agrocuir da Ulloa para celebrar e reivindicar a loita LGTBI no rural
Comeza o Festival Agrocuir da Ulloa para celebrar e reivindicar a loita LGTBI no rural
Celébrase en Monterroso e contará con actividades moi variadas ata a noite do sábado
Festival Agrocuir da Ulloa, en Monterroso
G24.gal
23/08/2024 20:28
Comezou este venres en Monterroso o Agrocuir da Ulloa, un festival que xurdiu para celebrar e reivindicar a loita LGTBIQA+ nos pequenos núcleos rurais, demostrando o seu potencial para establecer novas formas de vida e modelos de sociedade.
O festival naceu na comarca da Ulloa hai nove anos como proxecto dun grupo de amigos, co obxectivo de reivindicar a diversidade sexual e de xénero no rural. Contará cun amplo programa de actividades ata a noite do sábado.