Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o festival de Ortigueira con susto para dous campistas, que tiveron que ser rescatados

Comeza o festival de Ortigueira con susto para dous campistas, que tiveron que ser rescatados

Os concertos principais, a partir das nove e media.

As fillas de Casandra actuarán ás doce, e poderase seguir en Agalega.gal

G24.gal 12/07/2024 14:22

Acompañados pola Garda Civil e con manta térmica. Así vimos saír da auga un mozo e unha moza en Ortigueira. Son dous campistas que están no festival de música folk que se celebra alí. Metéronse na auga na praia de Morouzos, pero as correntes complicáronlles o baño bastante. Acabaron deixándose levar polo mar medio quilómetro e foron parar ao outro lado da ría, en Cariño. Están ben. No festival, segue a música toda a fin de semana e o bo ambiente.

Esta 38 edición empezou por veces debaixo do paraugas, coa actuación da Escola de Gaitas de Ortigueira. Para este venres, os prognósticos dan tempo perfecto para ir de festival: nada de auga e 19 graos.

Agora, hai que baldear e repoñer existencias. Os grupos de gaitas quentan motores para os desfiles polas rúas da vila. Haberá actividades todo o día: obradoiros de baile, talleres de fotografía.

Os concertos principais, a partir das nove e media. As fillas de Casandra, ás doce, que se poderá seguir en Agalega.gal. Un festival cada vez con máis mulleres nos escenarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade