Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Reconfiguramos en catro días o festival para garantir que todos os artistas puidesen vir tocar"

"Reconfiguramos en catro días o festival para garantir que todos os artistas puidesen vir tocar"

O Son do Camiño comeza pendente de que o tempo non estrague o festival

G24.gal 16/06/2022 14:48

Vendo como estaba todo hai unha semana, moitos dos asistentes ao festival eran escépticos: "Pensabamos que igual non se facía. Dixemos: 'Estamos malditos'", di un.

Traballouse contra o reloxo para montar un novo escenario e conseguiuse. Pero o susto aínda está no corpo. Un dos feridos no sinistro continúa ingresado en coidados intensivos.

Segundo explicaba Kim Martínez, codirector do festival, "tivemos que reconfigurar en catro días un festival e garantir que todos os artistas puidesen vir a tocar tendo en conta os cambios que houbo".

E mentres os artistas facían as últimas probas de son, os festivaleiros chegaban sen queren perder nin un minuto. "Preparar a tenda, deixa todo listo e despois ao festival", "Intentamos chegar pronto para que a miña irmá poida ver a Sebastian Yatra en primeira fila".

Un festival polo que desfilarán ata o domingo máis de 40 artistas. Moito do que aquí aconteza vaino contar esta tarde en directo a Radio Galega no seu 'Diario cultural'. 

Para moitos a espera obrigada de anos valeu a pena "Hai moitos artistas aos que lles temos ganas, e se chove, que chova". Porque ese é outro pequeno contratempo que pode xurdir con vistas á fin de semana, cando se espera que a chuvia faga acto de presenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade