Comeza o Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Comeza o Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra
Volve á presencialidade tras a pandemia
Estará aberto ata o dia 27 e contará con Euskadi como cultura convidada
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, desde este venres, unha nova edición do Salon do Libro Infantil e Xuvenil. É a numero 23 pero a volta á presencialidade fai que se viva como se fose a primeira.
Carmen Fouces, a concelleira de Cultura, valora a participación do público, e amosa a súa emoción por ver de novo ateigado de nenos e nenas o Pazo da Cultura.
Ainda que a gran protagonista será a literatura infantil e xuvenil, baixo o lema "Con moita arte", o Salón ofrece propostas variadas para potenciar a creatividade e a capacidade da infancia para reinventar o mundo.
"Buscamos que a arte sexa unha maneira de abrirse ao mundo e de poder cambiar cousas que non nos gustan. Queremos explorar neste sentido a posibilidade da arte para a paz e para parar todas as guerras", di Eva Mejuto, coordinadora do Salón.
Estará aberto ata o dia 27 e esta edición contará con Euskadi como cultura convidada.