Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xulgan 82 ultras pola pelexa en que morreu o seareiro do Deportivo Jimmy

Xulgan 82 ultras pola pelexa en que morreu o seareiro do Deportivo Jimmy

O fiscal pide para eles penas de ata dous anos e medio de prisión por un delito de rifa tumultuaria coa agravante de discriminación ideolóxica

Esta peza refírese só á pelexa e está separada da que se seguiu pola morte de Jimmy

Equipos de rescate recuperan o corpo de Jimmy do río Manzanares Equipos de rescate recuperan o corpo de Jimmy do río Manzanares
G24.gal 30/11/2022 18:30 Última actualización 30/11/2022 21:46

Este xoves comeza en Madrid o xuízo a 82 ultras da Fronte Atlética e do Riazor Blues acusados de participar na liorta enque faleceu o seareiro do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero, Jimmy. O fiscal pide para eles penas de ata dous anos e medio de prisión.

Trátase da causa sobre a pelexa multitudinaria que se desatou o 30 de novembro de 2014 nos arredores do estadio Vicente Calderón de Madrid, que é a peza principal do caso e diferente á que se seguiu pola morte de Jimmy.

Esta última peza está pendente de que a Audiencia de Madrid decida se a arquiva definitivamente, unha vez que a xuíza non procesou a ninguén pola morte porque non tiña indicios suficientes para iso.

A Fiscalía pide para os acusados entre nove meses e dous anos e medio de cárcere por un delito de rifa tumultuaria coa agravante de discriminación ideolóxica.

Ademais, a cinco deles aplícalles a agravante de reincidencia e eleva a petición a un ano de prisión. 

Prevese que algúns deles non cheguen a sentar no banco porque están dispostos a chegar a un acordo coa Fiscalía.

Para garantir a seguridade determinouse que vinte procesados interveñan por videoconferencia desde A Coruña, dez desde Xixón e o resto desde a sala de vistas do xulgado do Penal número 23 de Madrid. Así, os ultras do Deportivo da Coruña e do Atlético de Madrid non se atoparán.

Segundo o escrito da Fiscalía, o 30 de novembro de 2014 seareiros da Fronte Atlética e Riazor Blues "convocáronse nas redes sociais" para acudir ás 09:00 horas ás inmediacións do estadio coa "única motivación de demostrar ao outro grupo a primacía do seu equipo".

Alí, os acusados "acometéronse reciprocamente" de "forma violenta" e "portando algúns deles armas prohibidas e instrumentos perigosos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade