Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os seareiros implicados na pelexa en que morreu Jimmy recoñecen a súa participación na lea

Os seareiros implicados na pelexa en que morreu Jimmy recoñecen a súa participación na lea

Dos 82 acusados, 71 chegaron a un acordo e só terán que pagar unha multa

G24.gal 01/12/2022 20:56 Última actualización 01/12/2022 21:50

Dos 82 acusados neste xuízo, a  maioría deles, un total de 71, chegaron a un acordo coa fiscalía. Recoñeceron a súa participación na pelexa e verán reducidas as súas penas ou conmutadas as posibles penas de cárcere por unha multa. Ningún deles se negou a declarar.

Por motivos de seguridade a vista celebrouse desde varias sedes. Algúns deles declararon en Madrid e outros fixérono vía telemática desde A Coruña, Xixón ou Valencia.

Xúlgase a lea multitudinaria que tivo lugar o 30 de novembro de 2014 en Madrid entre ultras do Atlético de Madrid e do Deportivo e na que morreu o seareiro deportivista Francisco Javier Romero Taboada, alias Jimmy.

Con todo, a súa morte investigouse como unha peza separada que está pendente do seu arquivo definitivo depois de que a xuíza non atopase indicios para procesar a ninguén

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade