As patrullas da Brilat realizan exercicios militares no Camiño Portugués
As patrullas da Brilat realizan exercicios militares no Camiño Portugués
É a XXIII edición do Concurso de Patrullas da Brilat
O evento reunirá a 207 militares de 4 países distintos
Mañá chegarán á praza do Obradoiro despois de realizar sete probas ao longo do percorrido entre Tui e Santiago
As brigadas concentráronse ben cedo no paseo da Corredoira de Tui, de onde partiron ás 9 da mañá para iniciar o tradicional Concurso de patrullas da BRILAT, unha competición de grande esixencia física que pon a proba a súa capacidade e instrución militar. Serán un total de sete exercicios ao longo do percorrido.
Un dos obxectivos é dar a coñecer o nome da Brigada Galicia VII-BRILAT á vez que se reforzan os lazos de unión entre diferentes unidades das Forzas Armadas, tamén de fóra de España. A meta está en Santiago, despois de pasar por Tui, O Porriño, Pontevedra, Caldas e Padrón.
As brigadas chegarán este xoves pola tarde á praza do Obradoiro, onde os gañadores recibirán os seus premios coa Catedral de Santiago como testemuña.