Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as escavacións para levantar o segundo viaduto da A-6 en Pedrafita

Comezan as escavacións para levantar o segundo viaduto da A-6 en Pedrafita

O Ministerio de Transportes quere ter esta ponte lista para o Nadal e utilizala para os dous sentidos da circulación

As obras avanzan e a previsión é que a primeira ponte poda abrir a finais de ano
G24.gal 02/10/2023 14:12

As obras nos viadutos da A-6 en Pedrafita avanzan xa nos dous sentidos da circulación e o obxectivo é que estean listos o vindeiro verán. O inicio das escavacións para levantar a ponte sentido A Coruña súmase aos traballos na outra estrutura.

O Ministerio de Transportes quere ter esta ponte lista para o Nadal e utilizala para os dous sentidos da circulación. Deste xeito, xa non sería necesario o actual desvío pola Nacional sexta en Pedrafita, moi cuestionado polos condutores.

Ven insuficientes as medidas adoptadas a raíz dos accidentes rexistrados no lugar, un deles mortal. Ademais din que moitos condutores circulan demasiado rápido por este desvío, que soporta un tráfico moi elevado. O viaduto do Castro colapsara en xuño do pasado ano, e van ser necesarios 70 millóns de euros para que este treito da A-6 volva á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade