Comezan as rebaixas de inverno
Comezan as rebaixas de inverno
Os contratos temporais que se crearán durante este mes no sector do comercio rozan os 150.000
Os escaparates xa anuncian as primeiras rebaixas do ano. Durante toda a tarde son moitos os que traballaban arreo para que mañá todo estea listo para os primeiros compradores.
Son moitos os que aproveitan a tarde de hoxe para mercar, xa que os descontos estaban dispoñibles nas tendas virtuais a partir das sete da tarde, e incluso antes, nas aplicacións de cada tenda.
Ata o ano 2012 a Lei de comercio marcaba os períodos de rebaixas anuais, pero agora cada tenda elixe cando fai os descontos e durante canto tempo.
Segundo as empresas de recursos humanos Randstad e Adecco, os contratos temporais que se crearán durante este mes no sector do comercio rozan os 150.000.