Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as rebaixas de inverno, con descontos de ata o 70 %

Comezan as rebaixas de inverno, con descontos de ata o 70 %

Moitos aproveitan para devolver os agasallos equivocados dos Reis

Roupa e calzado a bos prezos son os produtos que máis busca a xente

As grandes compañías ofrecen atractivos descontos
G24.gal 07/01/2022 13:56

Hoxe comezan oficialmente as rebaixas de inverno, que se estenderán ata o vindeiro 7 de abril. Pero as grandes compañías do téxtil xa comezaron a ofrecer descontos desde o 1 de xaneiro e agora hai rebaixas de ata o 70 %.

Pola súa banda, os pequenos comercios agardan que a súa clientela siga sendo fiel e aposten por mercar no comercio local, porque, aínda que eles non poden competir cos prezos, din que o fan ofrecendo unha atención personalizada e tamén calidade.

Primeiro día de rebaixas con descontos xa de ata o 70 % e desde primeira hora hai ambiente nas tendas. Moitos aproveitan para cambiar os agasallos equivocados dos Reis.

"Algo habemos mirar, a ver o que hai, sobre todo, cambiar os regalos de Reis, que regalaron roupa e queda un pouco grande ou pequena", di unha muller. 

Roupa e calzado a bos prezos é o que máis busca a xente, e tamén artigos de informática e tecnolóxicos.

"Roupa, roupa para a casa, para os nenos, para a miña parella, roupa para min. Entón aproveito as rebaixas porque coa costa de xaneiro porque despois os prezos son elevados con isto do covid, e cos soldos que non están moi alá", asegura unha veciña en Ourense. 

Os pequenos comerciantes animan na mercar no comercio local

E fronte aos agresivos e atractivos descontos das grandes compañías do téxtil, o pequeno comercio trata de competir mantendo a confianza da súa clientela.

"Hai un grande hándicap, que todos os grandes xa levan moitísimo tempo facendo descontos, rebaixas, cousa que baixo o meu punto de visa non debería estar permitido. Temos unha cousa que non ten ningún dos grandes, unha grande atención personalizada, un mimo incrible e día tras día os nosos clientes demóstrannos que están aí", afirma Maria José Díaz, a dona da zapatería World en Ourense. 

"Que a xente saia comprar, polo menos, para gastar eses cartos que foron un amuleto dos Reis Magos e que ese cartos se reinvistan no comercio local", di Luís Rivera, o presidente do centro Comercial Aberto Ourense Centro. 

Con todo, os galegos non somos dos que máis gastamos nas rebaixas. Segundo un portal de Internet, a media de gasto será duns 84 euros.

Os pequenos comerciantes tratan de manter a súa clientela cunhaatención personalizada.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos