Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan os actos de homenaxe coincidindo co 20 aniversario dos atentados do 11-M

Comezan os actos de homenaxe coincidindo co 20 aniversario dos atentados do 11-M

O Ministro do Interior inaugura unha mostra de 67 fotografías da Axencia Efe e un vídeo documental

G24.gal 06/03/2024 15:01

A semana que vén cúmprense 20 anos dos atentados do 11 de marzo, e, con este motivo, a Fundación de Vítimas do Terrorismo inaugura unha mostra audiovisual con fotografías da Axencia EFE. Busca renderlles homenaxe aos falecidos, aos feridos e aos seus familiares, pero tamén a todos cantos se entregaron en axudar naquela tráxica xornada.

"Nun contexto democrático, o Estado de Dereito debe ser a principal garantía da non repetición da violencia terrorista. A memoria das vítimas compétenos a todos na creación dunha pedagoxía de nunca máis", dixo na inauguración da mostra o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade