Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan unhas rebaixas descafeinadas polo adianto xeneralizado dos descontos

Comezan unhas rebaixas descafeinadas polo adianto xeneralizado dos descontos

A Asociación Española de Consumidores estima un gasto medio por persoa de 135 euros

G24.gal 07/01/2023 10:19 Última actualización 07/01/2023 20:43

Este sábado, 7 de xaneiro, botan a andar de xeito oficial as rebaixas de inverno, malia que moitos establecementos adiantaron os descontos para aproveitar o "tirón" do Nadal. 

A Asociación Española de Consumidores estima un gasto medio por persoa de 135 euros, a maioría en téxtil.  O período de rebaixas prolongarase ata finais de febreiro.

O anticipo xeneralizado dos descontos resta impacto a unha campaña que grandes superficies e moitos negocios iniciaron o 26 de decembro.

O pequeno comercio tenta sumarse a esta nova tendencia. Porén, algunhas asociacións reclaman a volta á regularización de hai anos, cando as rebaixas non podían empezar ata despois de Reis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar