Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtores buscan traballadores para a colleita de arando

Os produtores buscan traballadores para a colleita de arando

Comezou a temporada de colleita destes froitos

G24.gal 02/08/2022 20:46

Os socios que crearon unha plantación de arandos hai tres anos puxeron hai uns días un anuncio no Facebook demandando persoal para a recollida do froito. É unha colleita manual que precisa coidado e certa habilidade.

Os dous socios que fundaron a empresa teñen os seus traballos aparte, pero a plantación supuxo unha aposta polo rural, na que tamén involucraron a Jéssica, a muller dun deles, quen ten outra profesión pero que atopou o seu lugar no coidado destes arbustos.

A planta adaptouse perfectamente á climatoloxía de Aranga. De feito non está en invernadoiro. A variade que plantaron é serodia e a colleita dura algo máis dun mes.

A froita non se pode recoller mollada e é importante non manipulala excesivamente para que non perda a cera que a recobre dun xeito natural. Apostan polo mercado local e porque o seu arando sexa un produto quilómetro cero.

Están en transición para ecolóxico e tamén elaboran produtos cos excedentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade