Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan 162 quilos de ourizo de mar a dous furtivos reincidentes no Portiño

Comisan 162 quilos de ourizo de mar a dous furtivos reincidentes no Portiño

Os dous furtivos interceptados son reincidentes e acumulan numerosas denuncias por feitos similares

G24.gal 26/01/2023 13:37

Operativo contra o furtivismo na Coruña. A Policía Autonómica comisou máis de 160 quilos de ourizo capturado de xeito ilegal na zona do Portiño. Os furtivos, vellos coñecidos das forzas de seguridade por seren reincidentes, transportaban o produto no maleteiro dun coche.

Os vixilantes da Confraría de Pescadores da Coruña detectáronos onte traballando nas illas do Portiño. Contaron  polo menos 15 furtivos operando na zona. Deron aviso á Policía Autonómica que estaba noutro operativo contra o furtivismo en Ferrol canda o servizo de Gardacostas e desprazáronse ata A Coruña.

Lograron interceptar a dous dos furtivos cando transportaban unha parte das capturas ilegais nun coche. En total 162 quilos de ourizo que logo de pesalo na lonxa foron devoltos ao mar.

Desde a Confraría de Pescadores quéixanse do dano que lles causa o furtivismo a diario. Din que están esquilmando os bancos onde sementaron no verán.

No sector queixase da inacción da Administración Autonómica que ten competencias neste asunto e esixen que se tomen medidas contundentes contra o furtivismo.

Os dous furtivos interceptados onte pola Policía Autonómica son reincidentes e acumulan numerosas denuncias por feitos similares.

Os furtivos transportaban o ourizo no maleteiro do coche
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade