Comisan 65 quilos de ourizo e 20 de polbo nunha praia da Coruña
Comisan 65 quilos de ourizo e 20 de polbo nunha praia da Coruña
Os axentes identificaron tres persoas e levantaron acta de denuncia por infracción á Lei de pesca de Galicia
Contra as dúas da tarde, os vixilantes da confraría de pescadores da Coruña viron dúas persoas no mar, na praia de San Roque, con equipos para mergullarse. En canto sospeitaron de que estaban realizando labores de marisqueo, alertaron a Garda Civil.
Ao lugar trasladouse a dotación de servizo que identificou tres persoas, as dúas que estiveran na auga e outra máis que era a que se encargaba das tarefas de vixilancia. Amais levantaron acta de denuncia por infracción á Lei de pesca de Galicia.
Despois levaron os produtos comisados á lonxa para pesalos. En total, 65 quilos de ourizo e 20 de polbo. O ourizo, ao estar vivo, devolvérono ao mar. Atópase en veda biolóxica. E a captura do polbo tampouco estaba permitida, porque a práctica da pesca submarina está prohibida os días laborables.
No que vai de ano, a Garda Civil presentou un total de 146 denuncias por infracción á Lei de pesca de Galicia.