Cargando resultados...
A comitiva dos "scholarum" desfila polo centro de Lugo
A comitiva dos "scholarum" desfila polo centro de Lugo
Escolares de nove centros educativos participaron na marcha do Arde Lucus
G24.gal
12/06/2022 14:21
Última actualización 12/06/2022 14:58
A festa en Lugo toca á súa fin. Este domingo é o último día do Arde Lucus, que remata como comezou, con múltiples actividades para o público infantil.
O alumnado de nove centros educativos da cidade participou no desfile dos scholarum que comezou ás once da mañá.
Moitas familias ían ao completo, mesmo con bebés en carros adaptados. Tamén desfilaban os cans, algúns caracterizados. Cada colexio levaba as súas cores e deseños, ambientados na época da invasión romana.
Esta tarde continúan as actividades, máis de catrocentas, entre elas o acto final das lexións celtas e romana e, como peche, un concerto de Tanxugueiras na praza de Santa María.