Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como evitar os accidentes máis frecuentes en Noitevella?

Como evitar os accidentes máis frecuentes en Noitevella?

Moita precaución no coche coas xeadas, o uso do móbil e o alcol

Para evitar o problema das liortas, recomendan estar pendentes do grupo

Evitar a utilización de petardos en zonas onde se poida prender lume

G24.gal 30/12/2024 14:12

Á espera de sumar os falecidos na campaña de Nadal, a DXT advirte do incremento do número de mortos nas estradas galegas durante este ano. Ata o 17 de decembro, faleceron 86 persoas, oito máis ca en 2023.

"Iso ao final é unha traxedia familiar. Nós queremos facer esa puntualización: o coche é unha máquina de matar. Temos que ter moito coidado cando collamos un coche, un ciclomotor, unha moto e máis nestas datas. É unha data para celebrar e non para ter unha traxedia", di 
Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias.

Cada Noitevella hai unha media de dous accidentes graves. Para que isto non suceda, insisten en ter moita precaución no coche, especialmente co uso do móbil, coas xeadas e co alcol.

"Ao coller o coche en zonas de sombra, moito coidado, igual que en zonas de xeada. Ao beber alcol, sempre que saiamos co coche, ter un plan alternativo para ir a casa sen coller o coche de volta".

Por outra parte, lembran outros problemas comúns na Noitevella, como as liortas. Nesta caso, recomendan estar sempre pendentes do grupo. E tamén salientan outro problema frecuente nesta data.

"Ter moito coidadiño cos petardos, xogos de luces. Ter coidado en como se fai o uso, facelo nunha zona segura, afastada de calquera sitio onde poidamos prender lume".

Son os consellos básicos para conseguir que a festa da Noitevella non remate en traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade