Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como evitar os golpes de calor nas mascotas coas altas temperaturas?

Como evitar os golpes de calor nas mascotas coas altas temperaturas?

Os consellos básicos pasan por mantelo á sombra e con moita auga fresca, ademais dos baños nas praias e nos ríos

Cada ano morren numerosos animais de compañía por mor das vagas de calor

G24.gal 19/07/2023 21:35 Última actualización 19/07/2023 22:00

Estas altas temperaturas poñen en risco as persoas, sobre todo os maiores e os nenos, pero tamén os animais de compañía, que adoitan lidar peor coa calor polo seu sistema de regulación de temperatura corporal. Isto ten unha explicación biolóxica que depende fundamentalmente de dous factores: as glándulas da suor e a pelaxe.

Milú ten 12 anos, e con esta idade ten máis risco de sufrir as consecuencias habituais das altas temperaturas igual que os cans máis novos, como acontece cos humanos. Cada verán morren mascotas polos golpes de calor que moitas veces poden evitarse coas recomendacións básicas, que adoitan ser as mesmas para nós.

Se notamos algo raro no seu comportamento físico e sabemos que estivo exposta durante certo tempo ás altas temperaturas, convén refrescala e, se os síntomas persisten, levala canto antes ao veterinario. 

Os consellos básicos para evitar que isto aconteza pasan por mantela á sombra e con moita auga fresca, ademais dos baños nas praias e nos ríos. 

O que non debemos facer nunca é metelas nunha caseta de xardín nin deixalas nun vehículo pechado, aínda que sexa coas ventás abertas, que non fariamos tampouco cun bebé ou cunha persoa maior. Por iso os veterinarios insisten en facer coas mascotas o mesmo que facemos coas persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade