Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como evitar sustos coas luces de Nadal que teñen unha instalalación eléctrica

Como evitar sustos coas luces de Nadal que teñen unha instalalación eléctrica

O 112 Galicia e os servizos de emerxencias recomendan  por prevención apagar as luces cando se sae da casa ou polas noites

Tamén aconsellan non sobrecargar os enchufes para que non haxa fallos eléctricos que poidan derivar nun incendio 

Nas tendas de decoración aseguran que a clientela se preocupa pola seguridade e que busca sempre luces homologadas co código CE

G24.gal 11/12/2024 21:51

Estes días en que boa parte das vivendas están coas decoracións de Nadal e coa instalación das luces nas árbores, o 112 Galicia lanza unha serie de recomendacións para evitar posibles sustos. Por exemplo, é importante revisar que as iluminacións que merquen teñen o certificado CE para garantir a súa seguridade e lembrar desconectalas do enchufe ás noites ou cando non haxa xente na casa. Son cousas de sentido común, pero que poden axudar a previr incendios. 

Ollo coa instalación das luces de Nadal, porque de haber un fallo eléctrico nuns 15 segundos a situación pode derivar nun incendio. 

Para garantir a seguridade mellor que haxa na casa un diferencial térmico; de non ser así, convén tomar certas precaucións. 

Nas tendas de decoración dinnos que a clientela se preocupa pola seguridade das luces e mesmo hai quen para evitar riscos prefire usar pilas.

Coa electricidade non existe o risco cero, por iso mellor ser precavidos e seguir os consellos para gozar das luces de Nadal sen sobresaltos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade