Publicador de contidos
Publicador de contidos

Complícase o traspaso de Tapia ao Olympique Lyonnais

Complícase o traspaso de Tapia ao Olympique Lyonnais

A DNCG, organismo financieiro do fútbol francés, non permitiu a fichaxe

O xogador podería quedar no Celta ata rematar contrato a vindeira tempada

G24.gal 10/07/2023 15:14

Segundo o diario francés L´Equipe complícase a fichaxe do xogador peruano do R. C. Celta Renato Tapia. Os celestes chegaran a un acordo polo futbolista a pasada semana, mais a DNCG, organismo financeiro do fútbol francés, non permite ao club realizar esta fichaxe ata reducir a súa masa salarial.

Se o Olympique Lyonnais non lograse adaptar a masa salarial e realizar a fichaxe do mediocentro, Tapia podería manterse no equipo e tratar de rematar o seu contrato.

O xogador precisa dunhas semanas máis para conseguir a nacionalidade española e deixar de ser un extracomunitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar