Publicador de contidos

Publicador de contidos

Con Gilsanz o Deportivo ten números de promoción de ascenso

Con Gilsanz o Deportivo ten números de promoción de ascenso

Só o Elxe, o Huesca e o Almería fixeron máis puntos

En catorce partidos, logrou sete triunfos, catro empates e tres derrotas

G24.gal 12/02/2025 15:30 Última actualización 12/02/2025 15:43

Xa o dixo Barcia no seu día, non sempre o de fóra é o mellor. O Deportivo atopou o que buscaba na casa. Gilsanz colleu o equipo en posto de descenso: antepenúltimo, con dez puntos en doce partidos.

Tres meses despois, o Deportivo é décimo e o descenso está a dez puntos. Nunha clasificación da era Gilsanz, o sería cuarto na Liga. Só o Elxe, o Huesca e o Almería fixeron máis puntos. Cal é a chave dese fulgurante ascenso? Para o técnico, hai unha clave que o resume.

"Temos unha capacidade ofensiva importante".

Os números constatan que o Deportivo é un equipo máis equilibrado. Marca máis goles e encaixa menos. Ronda os dous puntos de media por partido. Os de Gilsanz son números de promoción de ascenso. En catorce partidos, logrou sete triunfos, catro empates e tres derrotas. O de Betanzos pousa os pés no chan.

"Hai que pensar no día a día".

O que non pode evitar é a ilusión crecente dunha afección que cobiza obxectivos maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar