Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concentración de repulsa polo crime machista ocorrido en Pamplona

Concentración de repulsa polo crime machista ocorrido en Pamplona

O Goberno de Navarra fai un chamamento a institucións, axentes sociais e cidadanía para participar no acto 

O bar no que aconteceron os feitos. EFE/Jesús Diges O bar no que aconteceron os feitos. EFE/Jesús Diges
G24.gal 02/07/2023 09:12 Última actualización 02/07/2023 09:28

O Goberno de Navarra amosa "o seu máis profundo rexeitamento e condena" ante o crime machista ocorrido este sábado en Pamplona. Un home matou a súa parella no bar que rexentaban no barrio de Ermitagaña. O suposto autor confesou os feitos.

Adhírese ademais á concentración convocada polo Concello este domingo ás 12 do mediodía na praza Consistorial, á vez que fai un chamamento a institucións, axentes sociais e cidadanía para participar nela.

Deste xeito, o Goberno de Navarra quere amosar "o seu firme compromiso de traballar na erradicación de cantas formas de violencia atentan contra a vida, a liberdade, a dignidade e a plena cidadanía das mulleres".

No 2022 un total de 1.929 mulleres presentaron unha denuncia por violencia de xénero na Comunidade Foral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade