Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concluído o estudo hidroxeolóxico do paso do AVE a Vigo por Cerdedo

Concluído o estudo hidroxeolóxico do paso do AVE a Vigo por Cerdedo

Este percorrido acurtaría tempo para os vigueses, que xa non terían que pasar por Santiago

Anunciouno o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras reunirse co presidente de Adif, Ángel Contreras

Imaxe de aquivo dun tren de alta velocidade Imaxe de aquivo dun tren de alta velocidade
G24.gal 26/06/2024 18:14

O estudo hidroxeolóxico do trazado da alta velocidade ferroviaria entre Vigo e Ourense por Cerdedo está concluído, segundo anunciou este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras reunirse en Madrid co presidente de Adif, Ángel Contreras.

“Saio da reunión moi satisfeito porque o que acabo de comprobar é que Adif cumpriu enteiramente todo o estudo hidroxeolóxico, que se iniciou con Isabel Pardo de Beira e acábase de concluír co actual presidente e xa está enviado ao Ministerio de Transportes”, dixo Caballero.

O alcalde avanzou que proximamente se reunirá co secretario de Estado, José Antonio Santano, para ultimar o estudo informativo que dea paso ao proxecto construtivo e á obra.

Foron case cinco anos para completar este trámite, o cal sufriu atrasos porque a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil solicitou información extra sobre dous tramos do trazado, tal e como explicou Caballero.

A partir de agora xa é o Ministerio, non Adif, o que ten que facer o estudo informativo complementario para, co anterior, adaptalo aos informes do hidroxeolóxico”, indicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade