Publicador de contidos
Publicador de contidos

O desbordamento dunha gabia anega os baixos dunha casa nunha aldea de Cervantes

O desbordamento dunha gabia anega os baixos dunha casa nunha aldea de Cervantes

O propietario da vivenda deduce que se debe a que está tupida pola falta de mantemento

Arestora hai unha tubaxe para desviar a auga que debera pasar por debaixo da estrada

Os danos afectaron a leña e o penso do can, que acabaron enchoupados

G24.gal 02/02/2025 20:58 Última actualización 02/02/2025 21:30

O nivel da auga xa baixou considerablemente e arestora o alpendre só ten mollado o solo, pero hai uns días estaba completamente anegado, sobre todo de lodo. O dono e único habitante da casa só puido sacar o coche, pero a leña e o penso do can acabaron enchoupados.

Confesa Javier que aínda se sente inquedo polo ocorrido. Atribúe o problema á auga que baixa do monte e cruza por baixo a estrada por un conduto que deduce que está tupido.

Foi un veciño o que fixo a chamada ao 112, e desde aquí deron aviso á empresa de mantemento da estrada. A única axuda que recibiu de momento foi a dos operarios do Concello e de Protección Civil.

Arestora no lugar hai unha tubaxe que recolle a auga que baixa cara á estrada, pero na gabia a auga continúa retida e con restos de terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade