Publicador de contidos
Publicador de contidos

Conde-Pumpido acode á primeira audiencia oficial co rei Filipe VI como presidente do TC

Conde-Pumpido acode á primeira audiencia oficial co rei Filipe VI como presidente do TC

O pleno do Tribunal Constitucional designou o seu novo presidente o mércores pasado

O BOE publicou este xoves o nomeamento de Conde-Pumpido como novo presidente do Tribunal Constitucional

Conde-Pumpido na primeira audiencia oficial co rei Filipe VI como presidente do TC. Foto EFE/ Ballesteros Conde-Pumpido na primeira audiencia oficial co rei Filipe VI como presidente do TC. Foto EFE/ Ballesteros
G24.gal 13/01/2023 12:44

O rei recibía esta mañá en audiencia oficial no pazo da Zarzuela o novo presidente do Tribunal Constitucional, un día despois do que o nomeamento de Cándido Conde-Pumpido saíse publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) .

Tras estreitar as mans e posar no Salón de Audiencias de Zarzuela, Filipe VI e Conde-Pumpido pasaron ao despacho do monarca para manter unha reunión a porta pechada, no que foi o primeiro encontro que celebran tras a elección do maxistrado como presidente do Tribunal de Garantías.

Non é a primeira vez que Cándido Conde-Pumpido despacha co xefe do Estado, xa que na súa anterior etapa como fiscal xeral do Estado tamén se reuniu na Zarzuela co pai de don Filipe, o rei Xoán Carlos I.

O pleno do Tribunal Constitucional designou o seu novo presidente o mércores pasado, nunha votación que ademais situou a Inmaculada Montalbán, igualmente do sector progresista agora maioritario no TC, na vicepresidencia da institución. EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade